| 23 Marzo 2011
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, visitou o martes día 22 de marzo o mercado de O Progreso para asistir ao inicio das obras de remodelación, que contan cun investimento de 4,5 millóns de euros financiados case integramente polo Concello de Vigo. O nacionalista asegurou que esta reforma, ao igual que a que se levará a cabo proximamente no mercado do Berbés, amosa a aposta da Tenencia de Alcaldía e a Concellería de Comercio polo pequeno e mediano comercio da cidade. "É de obrigado cumprimento que os cartos públicos se destinen a crear riqueza na cidade", afirmou. ![]()
Santi Domínguez afirmou que nestes tempos de crise "fai falta que as administracións apoiemos e apostemos polos mercados municipais" e subliñou que nunca na historia desta cidade se fixera un investimento tan alto nos mercados municipais, cun total superior aos 7 millóns de euros en catro anos. Tras lembrar a xuntaza que mantivo recentemente coa directica de Mercacevi, avanzou que o seu obxectivo é seguir traballando nesta liña, poñendo en marcha tamén a reforma dos mercados de Teis, Cabral e O Calvario.












