O tenente de alcalde, Santi Domínguez, visitou o martes día 22 de marzo o mercado de O Progreso para asistir ao inicio das obras de remodelación, que contan cun investimento de 4,5 millóns de euros financiados case integramente polo Concello de Vigo. O nacionalista asegurou que esta reforma, ao igual que a que se levará a cabo proximamente no mercado do Berbés, amosa a aposta da Tenencia de Alcaldía e a Concellería de Comercio polo pequeno e mediano comercio da cidade. "É de obrigado cumprimento que os cartos públicos se destinen a crear riqueza na cidade", afirmou. http://xornal.vigo.org/imx/xornal/0.gif

Santi Domínguez afirmou que nestes tempos de crise "fai falta que as administracións apoiemos e apostemos polos mercados municipais" e subliñou que nunca na historia desta cidade se fixera un investimento tan alto nos mercados municipais, cun total superior aos 7 millóns de euros en catro anos. Tras lembrar a xuntaza que mantivo recentemente coa directica de Mercacevi, avanzou que o seu obxectivo é seguir traballando nesta liña, poñendo en marcha tamén a reforma dos mercados de Teis, Cabral e O Calvario.

Leer más...

O próximo mércores día 16 de marzo ás 20:15 horas terá lugar a presentación pública do novo proxecto do Mercado. O acto se realizará no auditorio municipal, Praza do Rei s/n, e contará coa presenza do tenente de alcalde, Santi Domínguez, así como dun especialista en temas de comercio.

Todos os interesados en asistir á presentación poden pasar a recoller a invitación na oficina do Mercado, aínda que a partir de mañá comenzaranse a repartir entre os invitados.

Todos aqueles que o ano pasado viron a rapeiro vigués Drum Drama rimar o ano pasado no noso Mercado, poden comprobar o resultado no seguinte enlace: Esperamos que, coma nós, vós guste!

http://www.vtelevision.es/programas/musicambiente/2010/10/14/0031_16_34021.htm?utm_source=buscador&utm_medium=buscador

Tenente de alcalde e concelleiro de Comercio de Vigo

“A reforma vai converter o Mercado do Progreso no centro dinamizador do barrio e referente comercial da zona”

O tenente de alcalde explica que un dos aspectos que se tivo moi en conta na reforma foi que “en ningún momento houbese paralización da actividade e que os comerciantes puidesen traballar en boas condicións durante as obras”

 

Leer más...

O Mercado Progreso únese a Facebook para estar máis actualizados que nunca.

 

Leer más...